Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas “Memoria dun tempo” que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo.
Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), aínda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar.
Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos presentará a que é a súa derradeira publicación: “Marcharon con todo. A represión económica en Galicia durante o primeiro franquismo”. Será o xoves 25 ás 20:30 no salón de actos da Casa do Concello de Mañón ( Praza do Mesón. O Barqueiro)
O venres 26 temos un acto estructurado en dúas partes. A primeira consistirá nunha charla de Carme Blanco, escritora, poeta e profesora na Universidade de Santiago: “Vivas en nós. Memoria de mulleres libres e vida liberada fronte a ditadura” . A segunda parte concretarase nun recital poético de Carme Blanco xunto co tamén poeta Claudio Rodríguez Fer. Será ás 20:30 no mesmo sitio que o acto do xoves.
Para o sábado 27 Nordés programa actos diversos que escomenzarán ás 13:00 coa IV Homenaxe aos republicanos e libertarios que terá lugar na Ponte Vella do Barqueiro. Acto no que se chama á participación de tódalas persoas que queiran aportar cos seus textos, lembranzas, etc.
Posteriormente haberá un xantar de amizade ó prezo de 20 € no Restaurante “A Goleta”, pero dado que as prazas son limitadas (25), convén anotarse canto antes chamando ó 653756454 (Ricardo)
Xa ás 20:30, e outra vez no salón de actos da Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro) proxectarase o documental de Xosé Abad “A pegada dos avós”, que fala de cómo un grupo de rapaces e rapazas de Bacharelato intentan comprender o drama da guerra civil, da represión e a ditadura facendo unha laboura de investigación “coñecendo de primeira mán o que non ven nos libros”.
E como peche destas VI Xornadas, qué millor que forma de rematar que cun recital de Miro Casabella, cantautor que fora parte do colectivo Voces Ceibes que tanta importancia tivo para a música galega, e que nos deleitará coas súas cancións de antes e máis de hoxe. Tamén no escenario contaremos con Andrés Rodríguez, quen xa ven sendo un clásico nestas xornadas, e que fará un percorrido musical pola historia das produccións de distintos cantautores. O recital será no novo local do “Bar Queiro”, na Estrada a Bares (Rúa Manuel Cora) nº 7, a partires das 23:00 horas.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



