Lugo, 10 de agosto de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, urxe á Deputación de Lugo a amose “canto antes” o seu posicionamento “claro e contundente” diante do Clube de Baloncesto Breogán. Candia considera fundamental que o presidente do ente provincial “aclare de inmediato o posicionamento do organismo coa entidade deportiva”.
Candia sinalou que “non se entende que dende o goberno provincial se presenten ás axudas ao deporte sen ter un claro posicionamento co Breogán, así como con outros clubes da provincia”.
Os populares consideran “imprescindible” que a Deputación “clarifique o apoio en todos os aspectos ao Breogán” e lamentan que o actual presidente “estea actuando de novo con irresponsabilidade ao non amosar o seu posicionamento claro e o apoio claro e incondicional do ente provincial ao clube de baloncesto”.
A voceira esíxelle tamén ao BNG que faga balance da súa xestión co clube dende o ano 2007, “durante case unha década de goberno á fronte da área de deportes do organismo provincial”. Os populares recordaron que o Breogán estivo presidido polos deputados provinciais nacionalistas Antón Bao e Antonio Veiga” e criticaron “a xestión levada a cabo”. Dende o grupo porvincial do PP lamentaron tamén a falta de transparencia de Antonio Veiga e criticaron de xeito rotundo o proceso de venda do Clube “do xeito que se fixo”.
Dende o grupo provincial popular quixeron tamén amosar o apoio do seu grupo a todo o equipo “co que estamos e seguiremos comprometidos”. “Debemos lembrar que hai antecedentes referidos á xestión do clube que nos preocupan profundamente e non queremos que se repitan baixo ningún concepto”.
Apoio dos 12 deputados populares ao clube
Os populares avanzaron que “poñemos a disposición do clube e da nova directiva, como sempre fixemos, aos 12 deputados con que contamos na corporación para ofrecerlles un apoio serio e comprometido”.
Dende o Grupo provincial do PP lamentan de novo a falta de transparencia do presidente “que volve poñer de manifesto as súas carencias á hora de gobernar”. E engaden que “o deber do organismo provincial é apoiar a estes clube e ao resto de clubes deportivos que tanto fan pola nosa provincia”.