O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu no salón de plenos do Pazo de San Marcos ao palista lucense Cristian Isaac Toro, recentemente proclamado campión olímpico na proba de K-2 200 metros, nos Xogos de Río de Janeiro 2016. Toro recibiu a insignia de ouro da Deputación, unha distinción que vén a recoñecer a súa incuestionable traxectoria ao longo dos últimos anos. Así mesmo, Cristian Toro asinou no libro de ouro da provincia, no que deixou constancia do seu agradecemento á Deputación polo apoio recibido.
Campos Conde sinalou que “é un orgullo para a nosa provincia contar cun deportista da talla de Cristian Toro, unha referencia no mundo do piragüismo e un exemplo para os máis pequenos deste deporte. A túa impecable traxectoria é froito do esforzo, do compromiso e do traballo diario. O teu sacrificio levoute a triunfar en campionatos nacionais e europeos, ata conquistar a medalla de ouro olímpica, o soño de calquera deportista de elite”, engadiu.
Ouro olímpico
Cristian Toro, no seu debut olímpico, deulle a Lugo unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río despois de impoñerse na final do K2 200 metros xunto á súa parella de embarcación, Saúl Craviotto, cun tempo de 32:07 segundos, finalizando por diante dos británicos L. Heath y J. Schofield, segundos clasificados, e os lituanos E. Ramanauskas y A. Lankas, que completaron o podio.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
