Burela, 16 de agosto de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha valoración positiva da Feira das Antigüidades e do Coleccionismo celebrada esta pasada fin de semana en Burela: “trouxo a moita xente a Burela, foi un goteo constante de visitantes o que foi recibindo esta cita e tamén o que recibimos na nosa vila durante esta ponte festiva de agosto. E iso a pesares da cantidade de festas que había nos arredores de Burela”.
O rexedor dixo que “houbo moito nivel nos participantes e na mercancía que alí se puido ver e atopar. É unha cita que tentaremos marcar no calendario de agosto para os vindeiros anos. Temos que analizalo xuntos aos organizadores do evento”.