Responsables municipais presentaron a representantes da asociación Amigos da Maruxaina a campaña ambiental do Concello de Cervo para o festexo que se celebrará este fin de semana en San Cibrao.
Na xuntanza participaron os concelleiros Manuela Méndez, Dolores García e José Ramón Soto.
A iniciativa ten como obxectivo fomentar actitudes respectuosas co medio ambiente durante a festa da Maruxaina para manter limpas tanto as praias como o resto de San Cibrao.
