Ribadeo 4-8-16. Un venres mais de principios do mes de agosto, farase unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas que de xeito de auto-convocatoria nos concentraremos no Cantón e á que queremos convidar a todos os ribadenses e non ribadenses, país, fillas e parentes que teñan unha bici e queran reivindicar os usos saudáveis da bicicleta.
O único necesario para asistir é ter unha bici e gañas de pasalo ben. Agárdase a todas aquelas persoas que crean que outra forma de desprazamento pola vila e a súa entorna é posivel.
O horario será ás 8,30 diante do concello.
Ao mesmo tempo anúnciase tamén que o sábado 20 de agosto farase un paseo até Rinlo que virá acompañado dun bici-tapeo no que se convida a participar a todas aquelas familias que estén interesadas.