Barreiros 5-8-16. Ó pivot barreirense ven de asinar o seu compromiso co club.
Un dos home máis importantes no plantel dos anos anteriores, Sergio é un dos xogadores que máis aporta o Praias de Barreiros, a súa capacidades goleadora, o seu compromiso en defensa, é a fácil asociación cos seus compañeiros faino un home importantísimo dentro do conxuto.
Xogador da casa que perteneceu entre outros equipos ó Puerto Celeiro FS, Cadramon FS, a Cantina F.S, tanto equipos de prata como de 2B.
Asimesmo a directiva do club síntese enormente orgullosa da súa renovación, polo seu compromiso co clube tanto dentro como fora da pista. Un dos xogadores máis carismáticos e máis queridos pola afección continurá por terceiro ano consecutivo.