A Escola Municipal de Música de Burela actuou este domingo, 18 de setembro, na localidade asturiana de Villacondide. En primeiro lugar interviu o coro da escola dirixido por Xulia Nogueira, que cantou a misa e a continuación fíxoo o grupo de corda da orquestra dirixido por Xan Carballal, quen tras o pregón inaugural das festas ofreceu un pequeno concerto.
