Burela, 26 de setembro de 2016. O equipo de goberno quere regular o mercado semanal dos venres e estuda cambialo de localización, segundo explicou esta mañá o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor dixo: “temos moito interese desde o Concello de organizar un bo mercadiño, un bo mercado dos venres aquí en Burela. Estámoslle dando voltas porque hai que regular perfectamente todo, hai que ter en conta onde están os sitios, qué lugares se poden adxudicar e qué método imos seguir para facer esa adxudicación, de tal maneira que todo o mundo saiba onde situarse e como”.
Alfredo Llano explicou que “temos que procurar cumprir coa lexislación en cuestións de seguridade e polo tanto imos facer un regulamento que normalice esta situación dos mercados aquí no noso concello. Posiblemente tamén fagamos unha proposta de nova localización para que sexa moito mellor. Buscaremos un lugar onde haxa menos tránsito de coches, onde non se ocasionen molestias nin problemas en caso de producirse unha urxencia por un incendio, unha necesidade hospitalaria ou unha saída con vado permanente. Evidentemente todo iso temos que garantilo e hai que procurar sempre que todo o mundo teña os seus dereitos”.
O alcalde burelés manifestou que “imos facer unha nova normativa para aplicala no noso concello, pero ao mesmo tempo tamén imos pensar nunha nova localización que estará moito mellor. Será no centro do noso pobo, vai ser útil para todos os habitantes de Burela que queiran ir ao mercado, espero eu sen prexudicar a ninguén, senón que se vai beneficiar a todo o mundo. Estamos buscando esa nova localización, que xa diremos onde vai ir unha vez que xa teñamos resolto ese problema”.
E engadiu: “queremos que se saiba que imos facer un novo regulamento do mercado aquí en Burela que se adapte perfectamente á normativa que se debe aplicar, e que garde todas as medidas de seguridade e as fórmulas para que se poida facer un bo mercado sen interromper ningunha necesidade urxente”.
O lugar ao que se trasladará o mercado semanal, que se celebra os venres en Burela “terá unha localización ampla, que será moi mellorada. A nosa intención é ampliar moito o mercado de Burela porque é un dos máis grandes da Mariña, pero ao mesmo tempo eu penso que está moi consolidado aquí no noso concello e polo tanto hai que darlle oportunidade a todo o mundo de que poida vir aquí sempre cos seus papeis e co seu regulamento ao día porque iso será unha vantaxe clara para todo o mundo”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



