O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo este luns un encontro con representantes dos 7 clubs de piragüismo da provincia no que abordaron as súas necesidades. En resposta ás mesmas, o Goberno da Deputación acordou unha nova colaboración de 85.000 euros, que recolle todas as inquedanzas dos clubs.
Rivera Capón explicou que este orzamento será para que os 7 clubs xestionen directamente a escola de piragüismo de titularidade provincial, pois son “os que máis rendibilidade lle poden dar a estas instalacións públicas como mellores coñecedores das necesidades dos profesionais e afeccionados a este deporte”. Deste xeito, serán os propios clubs os que conxuntamente acorden as accións formativas, a compra ou reposición de material, os distintos horarios de adestramento…entre outros exemplos.
Este orzamento tamén se achegará á posta en marcha de novas actividades formativas, á contratación de máis monitores de adestramento, á adquisición de novo material técnico, así como á promoción do piragüismo no conxunto do territorio lugués, con campañas divulgativas que se levarán, por exemplo, aos centros educativos.
O conxunto destas actuacións, valoradas en 85.000 euros, responden ás peticións dos 7 clubs que hai na provincia, que consideran que son as axeitadas para a posta en valor desta disciplina deportiva en Lugo.
Rivera Capón explicou que esta nova colaboración da Deputación se materializará nun convenio e se recollerá no Orzamento de 2017, sumándose, deste xeito, ás axudas de máis de 200.000 euros que a Deputación xa concede a todos os clubs de piragüismo.
Participantes no encontro
No encontro co Deputado de Deportes participaron representantes do Club Deportivo San Ciprian; Club Piragüismo Cidade de Lugo; Club Fluvial de Lugo; Club Kayak de Foz; Club Piragüismo Viveiro; Club Piragüismo Altruan e do Club Montaña Quixós.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
