O Santiago Futsal disputará o título do Burela Bonita este sábado ás 21.00 (Vista Alegre) despois de impoñerse ao Pescados Rubén Burela FS por 1-6 este venres. Os laranxas pelexarán polo terceiro posto ás 19.00 horas fronte ao Movistar Inter FS, que sucumbiu ante os insulares nos penaltis.
Alemao, ao pau, e Petry, que non conseguiu recoller na área rival, protagonizaron as grandes ocasións dos minutos iniciais, superado o ecuador da primeira parte. No 15 a tentativa de Antoñito topouse co corpo de Chema. Tan só dous minutos despois, Dani Montes adiantou aos composteláns, en galopada. Reaccionaron os de Daniel Ibañes con Iago Rodríguez como porteiro xogador en busca da igualada, sen éxito.
O Pescados Rubén non tivo tempo para recuperar posicións e sensacións sobre a pista. Antes de cumprirse o primeiro minuto, Antonio Diz anotou o 0-2. Avivou a chama do derbi segundos despois o ansiado regreso de Matamoros pero o encontro precipitouse en beneficio dos de Santi Valladares. No 22, Antoñito salvou aos laranxas ao bordo da liña de meta, aínda que pouco tardou en chegar o terceiro compostelán, pola escuadra, de Dani Montes. Coa carga do 1-3, os de Daniel Ibañes tiveron un balón de ouro desde saque de esquina de Isi, que non materializou Mata; entón volveu o acerto para os da capital galega, con Ismael nun meteorito de lonxe, e Armando na medianía que ampliou ao 1-5. Iago Rodríguez volveu a enfundarse na camiseta de porteiro-xogador; Mata no 33, Petry no 34 e Jorge en 35 dispuxeron das mellores dos da Mariña. O definitivo 1-6 chegou a falta de 54 segundos a porta baleira.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Chano, Jorge Bellvert, Antoñito, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Rodríguez, Petry, Isi, Carlitos, Hélder
Santiago Futsal: Chema, Alemao, Tallón, Ismael, Armando, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Santi, Álex Diz, Diego, Dani, Antonio Diz, Mel
Goles: 0-1, minuto 17, Dani Montes; 0-2, minuto 21, Antonio Diz; 1-2, minuto 21, Matamoros; 1-3, minuto 22, Dani Montes; 1-4, minuto 29, Ismael; 1-5, minuto 30, Armando; 1-6, minuto 39, Antonio Diz (porta baleira)
Árbitros: Vilas López (Ourense) // Menéndez Nistal (Viveiro). Por Pescados Rubén, amarela a Petry e expulsión de Chano. Por Santiago amarela a Chema, Santi, Antonio Diz, Alemao
Incidencias: Segunda semifinal do Torneo de Fútbol sala Burela Bonita disputada en Vista Alegre ante 700 espectadores.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
