Ribadeo, 17 de outubro de 2016. A praia de As Catedrais acolle desde este luns a filmación de secuencias para un documental do canal de Historia Natural da BBC. O equipo técnico permanecerá en Ribadeo durante toda a semana para a realización destes traballos.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que “unha vez máis a praia de As Catedrais volve ser escenario para unha rodaxe. Neste caso como xa comentamos no mes de setembro que estiveron aquí para ver un pouco o escenario in situ, trátase da BBC para o canal de Historia Natural”.
A edil nacionalista explicou que “hoxe é un luns no que a praia está a tope cunha das mellores mareas do ano e tamén cunhas condicións axeitadas para gravar esta dinámica dos océanos que formará parte dun documental no que de todos os continentes haberá algunha praia, algunha zona de costa, e concretamente a praia de As Catedrais, aquí en Ribadeo, estará formando parte deste programa que a BBC emitirá a nivel mundial”.
A responsable de Turismo comentou que “desde o Concello estamos aportándolles certa axuda no que é a loxística e estamos encantados de que tamén a praia non soamente forme parte de películas de ficción, senón que ademais amose esa realidade natural tan fermosa e tan importante que ten toda a costa de Ribadeo, e que se concreta e que culmina precisamente aquí na praia de As Catedrais con estas formas rochosas que a poñen como un punto importante na visita de milleiros de persoas durante todo o ano”.
Ana Martínez engadiu que “a rodaxe comeza este luns aproveitando os horarios da marea e tamén tendo en conta un pouco que o tempo os acompañe, estarán durante toda a semana de luns a venres aquí en Ribadeo para gravar estas imaxes da praia”.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



