A Mariña, 17 de outubro de 2016. A Mancomunidade de Municipios de A Mariña realizou este luns as probas de selección das 60 persoas que participarán no programa de formación Avanza. O fin último deste plan é a inserción laboral de 21 persoas, segundo lembraba Alfredo Llano.
O presidente da Mancomunidade declarou que “estivemos toda a mañá a través dos funcionarios e persoal dos diferentes concellos que conforman este programa Avanza, facendo as probas de seleccións das 60 persoas que participarán e despois teremos que para insertar laboralmente a 21. Hai que lembrar que somos os concellos de Barreiros, Mondoñedo, Pontenova, Riotorto, Burela e O Vicedo os que estamos neste plan”.
Alfredo Llano lembrou que “fixemos esta preselección dos candidatos a participar neste programa Avanza que non ten outro obxectivo máis que procurar a mellora para atopar traballo, e buscar unha formación que sexa dirixida practicamente a facilitar o emprego o antes posible”.
O presidente da Mancomunidade engadiu que “está dirixido a persoas desempregadas con discapacidade para as que había 4 prazas, para persoas desempregadas en risco de exclusión social incluídas perceptoras do RISGA son 5 prazas, mulleres desempregadas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero son 3 prazas, menores de 30 anos desempregados de baixa cualificación son 22, menores de 30 anos desempregados 14 e mulleres desempregadas 12. Desas 60 persoas temos que insertar laboralmente a 21 e temos que mirar cómo imos facer. En principio tíñamos unha preocupación a de non ter suficiente xente, pero mandamos a través do INEM de Ribadeo que coordinou esta labor de enviar cartas aos posibles candidatos, mandounos 120 e deles seleccionamos a 67 dos que quedará unha lista definitiva con 60 e os 7 restantes en reserva por si alguén fallase”.
Alfredo Llano anunciou que “agora o que imos facer é mirar onde establecer a formación, como son seis concellos procuraremos ter tres sitios onde impartila. Imos ter unha xuntanza o xoves cos alcaldes, pero en principio por exemplo Barreiros e Mondoñedo serían un núcleo de formación, sería tamén A Pontenova e Riotorto, e Burela e O Vicedo”.
Desde a Mancomunidade o seu presidente subliñou que “a formación irá orientada á inserción laboral e queremos que polo menos traten tres temas que serán restauración e hostalería, asistencia sociosanitaria e atención a maiores, e tamén outra formación máis polivalente de cara á industria depende das preferencias que marcara cada unhas das persoas que se entrevistaron esta mañá, procurar darlle unha preferencia a aquelas labores que máis se demanden ou para as que máis se sinta preparada a xente, pode ser para a industria, a pesca, ou o rural”.
Alfredo Llano concluíu: “polo menos xa temos á xente seleccionada e agora calculo eu que a partir do 1 de novembro poidamos xa comezar coa formación”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



