A alcaldesa, Elena Candia, e o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, presentaron en León as festas máis antigas de Galicia, as San Lucas, que este ano celebra a súa 860 edición. Tamén estivo o concelleiro de Festas de León, Pedro Llamas. O acto quixo ser unha homenaxe á relación que existe entre a cidade de León e as San Lucas. Así, puxeron de releve que o Rei de León Alfonso VII foi quen concedeu no ano 1156 o título de cidade á localidade, así como o dereito a celebrar un mercado cada primeiro de mes e unha feira anual de oito días que é o que hoxe dá orixe aos festexos. O programa das San Lucas vaise presentar este sábado en Santiago e o vindeiro martes en Lugo.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



