O pasado domingo 16 de outubro celebrábase na cidade de Pontevedra o Campionato Galego de Media Maratón cunha participación de máis de 300 atletas federados en representación da maioría dos clubes de Galicia.
A proba desenvolvíase nun circuíto pola cidade de Pontevedra, cunha climatoloxía favorable para o desenvolvemento da proba.
O club viveirense estivo representado nesta proba por un total de 12 atletas, acadando 4 medallas. No apartado masculino destacar o campeonato galego acadado polo atleta Antonio Cabana, na categoría M75, que fixo un tempo total de 1 hora e 44 minutos, a súa compañeira de clube, Isabel Brea, na categoría de W65 tamén se proclamou campeona galega, cun tempo de 2 horas e 1 minuto, outra das medallistas foi Susana Parguiña, na categoría de W50, que acadou a medalla de prata e o seu compañeiro Eliseo López, na categoría de M65, subeu ó podium na terceira posición.
Os demais atletas do clube tamén realizaron unha excelente proba, demostrando o bo nivel acadado durante toda a tempada.
A última proba que lles queda desta tempada, será o Campionato Galego de 10 km en ruta, que se celebrará o vindeiro domingo na localidade de Ames.