A Mariña, 27 de outubro de 2016. Do 28 de outubro ao 26 de novembro terá lugar a quinta edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense, que organiza a Mancomunidade en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. A cita chegará a 20 locais hostaleiros de toda a comarca.
Desde a Mancomunidade manifestan que “como cada ano, desde hai xa 5 edicións, celebramos o Mes da Maxia. Durante as fins de semana de outubro e novembro estarán repartidos por diversos establecementos varios magos profesionais que farán que as ceas nestes locais sexan inesquecibles. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite”.
Esta fin de semana o Mes da Maxia chega o venres, 28 de outubro, ao Almacén en Cervo e Ás Sirenas en Viveiro; e o sábado, día 29; a Casa do Fidalgo en A Pontenova e Casa Franco, en Alfoz.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas.
A quinta edición do Mesa da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e Distribuciones Carreiras.