A tradicional Feira do Mel do Ortegal celebrarase este domingo 13 de novembro. Como cada ano, dende hai xa 28, os apicultores do Ortegal, enrolados na Asociación Galega de Apicultores, en colaboración co Concello de Ortigueira, organizan este encontro comarcal de exaltación dun dos productos locáis máis importantes da zona, como é o mel.
Este ano dende a organización do evento, quixemos poñer incapé na importancia do mel como un recurso primordial que pode xerar riqueza de maneira sostible. Por iso, invitamos ao persoal do Consello Regulador “Mel de Galicia”, para o sábado 12, ás 17:00 horas a dar unha charla na Fundación Ortegalia, onde describirán as ventaxas de que cada vez máis productores certifiquen os seus productos de cara ao mercado onde poderán competir con outros meles, que se ben son máis baratos, non teñen nin a calidade, nin a garantía de seren producidos de maneira xusta e sostible, co medio ambiente e coas persoas.
Por outro lado, co fin de continuar coa concienciación da poboación contra as especies invasoras que ameazan os nosos ecosistemas, faremos unha “Barferencia”, o sábado 12 ás 10 da noite, no Pub Galaripos (Ortigueira). A “Barferencia”, será impartida a través dunha mesa redonda na que intervirán algunhas das persoas que ao longo destes tres anos estiveron loitando de preto contra a Vespa Velutina (concelleiros, membros de AGA, membros de Protección Civil e emprendedores que fixeron da loita contra a velutina un traballo.
Este concepto de didáctica e divulgación, como é a “Barferencia”, naceu no ano 2011 no marco da concienciación polo patrimonio cultural. Adaptándoa ao nosa situación, pensamos que a mesma información de calidade, traducida a un contexto máis ameno e distendido, pode chegar a máis persoas.
Para o domingo, xa nun ambiente máis festivo, teremos a feira propiamente dita, que comezará ás 11:00 horas, con unha feira de artesanía de productos relacionados co mel e a economía sostible. Ás 13:00 horas comezará a degustación de queixo con mel do Ortegal. Haberá xantar popular, e ás 18:00 horas, Magosto e Queimada. Ademáis sortearanse varias cestas de productos que se atoparán á venda na feira, farase unha demostración da extracción de mel, e habilitarase un espazo para o entretemento dos máis pequenos, con actividades relacionadas coa xornada.