A Mariña, 17 de novembro de 2016. Continúa este venres a quinta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e que se desenvolve en 20 locais hostaleiros de toda a comarca ata o día 26 deste mes.
Esta fin de semana o Mes da Maxia chega este venres, día 18, a O Piano, de Ribadeo, coa actuación do Mago Rafa; e a Río de Oro, de Cervo, que contará co Mago Teto. E o sábado, 19 de novembro, a cita será en A Penela, de Mondoñedo, co Mago Rafa, e en Damián, de Foz, onde contarán coa presenza do Mago Teto.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite.
A quinta edición do Mesa da Maxia conta co patrocinio de Adegas Pazo do Mar e Distribuciones Carreiras.