Cervo, 29 de novembro de 2016.- O portavoz de En Marea, Luís Villares, mantivo un encontro este martes cos representantes de Mariña Patrimonio para coñecer de primeira man as problemáticas da zona. No encontro, Luís Villares, trasladou o compromiso do grupo parlamentario co patrimonio histórico de todo Galicia e máis concretamente co da Mariña lucense. Entre as denuncias formuladas por Mariña Patrimonio destaca o feito de que a delegación de Patrimonio non está a cumprir coa súa obriga en canto a catalogación de xacementos arqueolóxicos. Ademais salientaron o desleixo ante vulneración da lexislación en materia de protección de Patrimonio histórico .
O grupo parlamentario de En Marea levará ao Parlamento de Galicia diversas iniciativas nas que se preguntará por esta desleixo por parte de Patrimonio e cales son os motivos para que as denuncias non acaban coa sanción e reposición da legalidade.
Encontro aberto e participativo na Mariña lucense
O grupo parlamentario de En Marea participará así mesmo, nun encontro aberto e participativo a última hora da tarde no Concello de Xove no que se dará a coñecer En Marea ao tempo que se explicará a veciñanza como se poden implicar e participar de xeito activo con En Marea. O portavoz Luís Villares e a deputada Paula Vázquez Verao, escoitarán de primeira man as problemáticas da comarca para tentar dar resposta desde o Parlamento a través de iniciativas do grupo parlamentario. Así, as infraestruturas pendentes será un dos temas que se tratará na xuntanza tanto as que dependen da Xunta como do goberno do Estado. Infraestruturas ferroviaria e a conexión viaria na parte noroeste da Mariña e tamén conexión co norte de Portugal foron algunhas das cuestións destacadas polo portavoz Luís Villares e que trasladará aos veciños e veciñas da zona a quen trasladará a intención do grupo de En Marea de esixir un cambio de políticas en materia de infraestruturas para esta comarca.



















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.