Viveiro 30-11-16.
Unha vez máis o goberno municipal socialista da Sra. Loureiro ven de deixar escapar unha nova oportunidade relacionada co emprego, ó non solicitar a oportuna subvención para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local.
Resulta casi incrible que o terceiro Concello da provincia e o máis poblado de A Mariña “pase” de solicitar dito axente de emprego cando todas as solicitudes presentadas polos concellos foron atendidas na súa totalidade pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Así foron 45 os municipios beneficiarios na provincia de Lugo, e no caso concreto de A Mariña foron 11 – o que supón unha aportación de casi 90.000 euros por parte da Xunta – e entre os que lamentablemente non se atopa o Concello de Viveiro.
Estes axentes que forman parte da rede técnica de emprego de Galicia teñen como función principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, actuando como promotores, asesores puntuais de proxectos de empresa e prospectores de mercado, tarefas que á Sra. Alcaldesa non deben de parecerlle nin interesantes nin productivas ó non molestarse en solicitar dita axuda para a contratación deste axente de emprego.
Desde o PP de Viveiro asisitimos a unha mostra máis da inoperancia e a vagancia supina do equipo de goberno municipal, que se preocupa moi pouco pola posta en práctica de medidas que favorezan ou apoien a creación de emprego no noso municipio, tal e como demostraron hai pouco cando no pleno de setembro se rexeitou – cos votos en contra do PSOE, SON Viveiro e os ex do BNG – a nosa proposta de crear un vivero de empresas en parte do antiguo edificio do Centro Comarcal da Mariña Occidental, e todo isto a pesares de ser o noso concello o que desgraciadamente ocupa o primeiro posto de desempregados de toda a Mariña ( 1079 parados no mes de outubro).
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do PP de Viveiro



















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.