Lugo, 10 de novembro de 2016. O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, advertiu o BNG non votará a favor dos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano se non se recollen as partidas necesarias para subsanar os agravios salariais e laborais que están a sufrir os traballadores dos parques de bombeiros comarcais das provincias de Lugo. Neste momento os bombeiros dos 6 parques que dependen do Consorcio Provincial de Bombeiros perciben sobre 4.000 € anuais menos que os de Ourense e existen 9 bombeiros a media xornada que cobra 390 €/mes.
Ferreiro lembrou que “despois de 5 anos de funcionamento destes parques de bombeiros ninguén abordou esta cuestión ata que o BNG levou esta cuestión ao Pleno do ente provincial”. “Trátase dunha circunstancia intolerable por que os bombeiros están a cobrar 4.000 menos que os de Ourense” afirmou o voceiro nacionalista na Deputación de lugo e afirmou que “ademais compre correxir o erro que se cometeu no seu momento cando se permitiu que a empresa, que xestiona os parques de Viveiro, Barreiros e Vilalba, contratara a un total de 9 persoas a un tercio de xornada e que cobran 390 €/mes quedando condenados a ter ese salario”.
Para o BNG “é necesario rematar con estas dúas aberracións laborais que se comenten con estes traballadores que dependen de fondos públicos”. O BNG pedirá que se inclúan nos orzamentos da Deputación as partidas orzamentarias necesarias e suficientes para a equiparación salarial de todos os bombeiros e para que eses 9 contratos a tempo parcial se reconvertan en salarios a tempo completo.
Ferreiro criticou a posición da Xunta de Galiza que, durante o pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros, tentou evitar acometer os cambios trasladados polo BNG, argumentando cuestións técnicas e xurídicas poñendo reticencias á equiparación salarial. Ademais os representantes da Xunta no Consorcio opuxéronse rotundamente a renovación dos 9 contratos en precario que se están a manter no parques de bombeiros do norte da provincia. Ferreiro sinalou que “dende os representantes da Xunta argumentouse que a existencia destes contratos precarios supoñían unha mellora sobre o propio contrato de prestación de servizo por parte da empresa”.
O voceiro do BNG advertiu que “o PP minte en Lugo e dificultará en Santiago a equiparación salarial dos bombeiros comarcais cos das outras provincias” sinalando que “é práctica habitual do PP, decir unha cousa en Lugo e facer outra distinta en Santiago” e explicou “a pesares que a voceira do PP na Deputación comprometeu a súa palabra cos representantes dos bombeiros, agora vemos como a posición da Xunta, gobernada tamén polo PP, é totalmente diferente”.
O BNG non votará a favor dos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano se non se recollen as partidas necesarias para subsanar estes agravios laborais nos parques de bombeiros de Lugo. Os deputados provinciais do BNG, Xosé Ferreiro e Antonio Veiga, visitaron a traballadores dalgúns dos parques do Consorcio de Bombeiros para explicarlles a proposta do BNG aos bombeiros.