Mondoñedo, 11 de novembro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, revolve a débeda que o anterior Goberno municipal mantiña coa Deputación de Lugo, froito dun convenio mediante o cal a institución provincial concedía un anticipo de 33.000 euros para financiar unha achega aos investimentos municipais para darlle accesos ao Barrio de Pausalido (Argomoso).
Este convenio foi asinado no ano 2013 pola daquela vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez, hoxe alcaldesa de Lugo, e polo tenente alcalde, Modesto Díaz, ambos do mesmo partido, o PSOE.
O anticipo fíxose, tal e como recolle o convenio, porque o Barrio de Pausalido sufriu unha situación de emerxencia como consecuencia dun fenómeno natural gravoso, como foi un derrubamento. Pese ao acordo, que obrigada ao Concello a facer a devolución da achega en tres anualidade de 11.000 euros, o Goberno local só chegou a facer un ingreso.
A rexedora lamenta este novo erro de xestión do anterior equipo de Goberno, ao tempo que confesa sentir “vergoña” porque a Deputación, daquela gobernada polo socialista José Ramón Gómez Besteiro, concedera un crédito e non asumira o pagamento íntegro desta situación que podería ser considerada de xustiza social e que incluso beneficiaba a escolaridade dunha nena, afectada pola situación da estrada.
A popular censura que o Goberno de Besteiro gastara recursos públicos sen criterio cando en Mondoñedo existiu unha necesidade real de arranxar un camiño e que non facelo afectaba incluso á escolaridade dunha menor.
“Resolvemos a cantidade prestada, non sen recoñecer certa vergoña porque a Deputación actuara deste xeito con Mondoñedo. Nun momento, cómpre recordar, que ademais tanto o PSOE como o BNG compartían responsabilidades de Goberno tanto na Deputación como na localidade”, conclúe a popular.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



