Foz, 11 de novembro de 2016. O Cenima acolleu unha xornada técnica sobre novidades tecnolóxicas e o proceso de dixitalización nas pymes, organizada polo Centro Comercial Aberto de Foz. A encargada de impartir a conferencia foi Noelia Argüelles, social media e community manager, da empresa Código Red. Esta muller sorprendeu aos asistentes coa súa exposición, que iniciou vestida cun traxe de cerimonia de hai 15 anos e rematou adaptada á moda moderna e actual. Todo co obxectivo de afondar na necesidade que teñen as empresas de modernizarse e adaptarse ás novas tecnoloxías.
Noelia Argüelles centrouse no por qué da dixitalización das pymes e finalizou a súa ponencia falando das principais ferramentas dixitais. Para facer fincapé en todo isto empregou frases de Eric Hoffer e de Charles Darwin, entre outros: “en tiempos de cambio quienes estén abiertos al aprendizaje se adueñarán del futuro, mientras que aquellos que creen saberlo todo estarán bien equipados para un mundo que ya no existe. Nos es la más fuerte de las especies la que sobrevive y tampoco la más inteligente, sobrevive aquella que más se adapta al cambio”.