Cervo, 3 de novembro de 2016. A 2.847.000 euros ascende a partida para persoal no presuposto do Concello de Cervo para o 2017, o que supón un incremento dun 5,56 por cento respecto ao deste ano. Responsables do goberno municipal reuníronse na mesa de negociación cos representantes dos traballadores municipais para explicarlles as principais liñas de actuación do orzamento.
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou que “tivo lugar a reunión da mesa de negociación do Concello de Cervo para o seguinte trámite de cara a levar adiante os presupostos para o 2017. Nesta xuntanza cos distintos representantes dos traballadores deste Concello explicáronselles as liñas de actuación para este próximo ano”.
Alfonso Villares subliñou que “o gasto corrente do capítulo 1, que é o que abarca o gasto de persoal, vai pasar de 2.697.000 euros no ano 2016 a 2.847.000 euros no 2017, o que supón un incremento do 5´56 por cento neste apartado”.
O rexedor cervense quixo “destacar con respecto aos traballadores un aspecto importante: é que temos consignado para ese ano 2017, porque as condicións económicas do Concello así no lo permiten, a cantidade necesaria para proceder a aboar integramente a paga extra para o persoal de carácter temporal que temos traballando no Concello. Este era un compromiso que tíñamos con eles e que agora este ano podémolo sumir e polo tanto cumprimos o feito de subirlles as asignacións a aqueles traballadores do Concello que tiñan os soldos máis baixos de todos. Creo que é unha noticia importante”.
Villares salientou que “tamén é importante destacar as partidas que temos previstas para o fomento do emprego. Ese é un apartado no que outro ano máis o Concello de Cervo quere seguir poñendo ese grao de area necesario para intentar facer o posible para que as persoas que non están no mercado laboral poidan pouco a pouco establecerse. Nese sentido dámoslle continuidade aos programas de becas de formación con FEUGA cun total de 200.000 euros para este ano 2017”.
Pola súa banda a concelleira de Facenda, Dolores García, declarou que “vemos a necesidade para este próximo ano de incorporar persoal ao Concello sobre todo no aspecto medioambiental. Consideramos que é necesario acometer máis traballos ambientais, sobre todo nas épocas estivais, que é cando máis se necesita que estean todos os lugares públicos e camiños en perfecto estado por motivos de ornato e, sobre todo, por motivos de seguridade cando afecta a viarios. Nese sentido temos previsto consignar unha cantidade de 87.000 euros para a contratación de cinco peóns de limpeza viaria ao cen por cen da xornada laboral por un período de doce meses. Tamén temos recollido no presuposto unha cantidade de 44.500 euros para a contratación de cinco peóns de medio ambiente ao cen por cen da xornada cunha duración de seis meses; neste caso é a través da colaboración coa Deputación cun programa no que o Concello a maiores ten que poñer 7.500 euros, que tamén están presupostados para o ano 2017”.
A edil de Facenda destacou que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando polo traballo público, pois hai unha cantidade importante do noso presuposto que está destinada a ese gasto de persoal e a levar adiante eses servizos como o estamos a facer desde o Concello de Cervo para que sexan servizos municipais e públicos”.
Dolores García Caramés tamén asegurou que “seguimos apostando polo fomento do emprego, por facer o posible para que as persoas que non teñen neste momento oportunidades laborais que as poidan ter; e polo tanto temos tamén consignadas no noso presuposto cantidades importantes para abarcar este aspecto”.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



