Burela, a 3 de novembro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela manifestou este xoves que “o comezo das clases da Escola de Música hai unha semana é unha enorme irresponsabilidade e unha bulra a pais e alumnos, xa que vai en detrimento da súa formación”.
Os concelleiros populares afirman que “as clases da Escola de Música sempre comezaron no entorno da terceira semana de setembro, como aconteceu en 2014, cando comezaron o día 21 de setembro. Pero xa o ano pasado comezaron na segunda semana de outubro, e neste 2016 o concelleiro delegado de educación supérase a si mesmo, retrasando as clases cáseque máis dun mes con respecto a 2014, e quince días con respecto a 2015”.
Desde o GMP afirman que “non se poden buscar excusas nos ‘problemas administrativos’. O concelleiro delegado de educación é o único responsable de todo esto, e o alcalde por consentirllo, porque tén que saber que tén que contar co profesorado que se precise a tempo, para comenzar as clases sen retrasos. Polo tanto, tén que arbitrar os medios e os procedementos para que eso sexa así. Tampouco se pode falar de incorporación dunha nova materia, que sempre son benvidas, porque eso hai que prevelo con antelación suficiente. Co goberno municipal do PP tamén se aumentou a oferta educativa en tres instrumentos e non houbo tales retrasos”.
Os populares consideran que “o concello, en boa lóxica, debería agora devolver de oficio a parte proporcional da matrícula, dado que os pais pagan por un servicio que non teñen recibido na súa totalidade.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



