Foz, 30 de novembro de 2016. A programación do Nadal do Concello de Foz, que foi presentada esta mañá, ofrece varias novidades, como unha carreira o día de Noiteboa ou o estreo das carrozas na Cabalgata de Reis. Tamén haberá concertos, proxeccións de cine, representacións teatrais e Mercado de Nadal, entre outas actividades. Dentro desta programación mañá, xoves, día 1 de decembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura proxectarase a película Teito e Comida. O prezo da entrada é de 3 euros.
Na presentación, que correu a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, o rexedor salientou que “a programación de cultura e de Nadal do Concello de Foz para estas datas é extensa e con diferentes novidades. Estamos moi satisfeitos porque practicamente a todos os días dende o 1 de decembro haberá algún tipo de actividade cultural”.
Javier Castiñeira subliñou que “combina diferentes actos, eventos culturais e musicais. Moitos xa son tradicionais no noso concello, como poden ser o concerto benéfico do Asilo, o concerto da Banda de Música e diferentes actos musicais e festivos por todo o concello; e outros son novos. A maior parte deles están dirixidos a todos os públicos, moitos para nenos pero tamén para maiores”.
O alcalde de Foz asegurou que “o obxectivo é o fomento do ambiente de Nadal, que eu creo que Foz xa é un referente na Mariña nese sentido: no respecto polas tradicións de Nadal e en dar unha alternativa de ocio aos rapaces nas vacacións en Foz, ademais de fomentar as compras no comercio local coa colaboración do Centro Comercial Aberto”.
O rexedor sinalou que “o Concello de Foz aposta este ano, unha vez máis, polo alumeado de Nadal, que se acenderá o día 5 de decembro, o vindeiro luns, e inclúe as rúas do centro urbano, unha árbore xigante no parque Martínez Otero e iluminacións noutras zonas do concello como a glorieta de Vilalba, a praza do Concello e diferentes parques urbanos. A verdade é que a aposta este ano polo alumeado de Nadal é intensa e eu creo que imos quedar contentos todos, porque ademais auméntase o número de días, pois este ano xa a partir do 5 de decembro teremos ambiente de Nadal no noso concello”
Javier Castiñeira engadiu que “o día de Noiteboa pola mañá farase a recepción a Papá Noel, que é un evento que lles gusta moito aos rapaces, dará un paseo na súa carroza polas rúas do concello e despois será recibido na Casa do Concello. Días antes na zona de Álvaro Cunqueiro e avenida da Mariña haberá diferentes elfos que estarán recollendo entre todos os rapaces todas aquelas cartas que desexen para levarllas a Papá Noel. O día de Noiteboa tamén haberá unha novidade importante, como vai ser a carreira de Nadal que organiza Run Foz Run xunto co club de atletismo Ría de Foz, recentemente fundado, en colaboración do Concello. Ás catro e media haberá unha carreira que sairá dende o Campo da Cabana, fará un circuíto urbano e rematará tamén no Campo da Cabana. É unha novidade importante, deportiva, que faltaba dentro da programación de Nadal do Concello de Foz e así cubrimos unha falta que había de actos encamiñados ao deporte”.
O alcalde comentou ademais que “haberá diferentes concertos da Banda de Música, tamén actuacións musicais ao aire libre na zona da avenida da Mariña e Xoan Montes, e o concerto benéfico do Asilo. Tamén teremos o Mercado de Nadal, que se instalará na rúa Álvaro Cunqueiro dende o 19 ao 23 de decembro; e o acto central que é ben coñecido en Foz, a Cabalgata de Reis que será loxicamente o 5 de xaneiro en na que haberá bastantes novidades. A saída e a recepción no Concello é como todos os anos, igual que a chocolatada e a recepción dos Reis Magos no colexio número 1, pero este ano temos algunha novidade, como estrear as carrozas nas que irán os Reis Magos; e ademais, como gran novidade este ano, as carrozas irán acompañadas do tren de Nadal para que os nenos e nenas poidan gozar e participar directamente na Cabalgata de Reis”.
Para Castiñeira “esta programación é unha aposta importante, con moitos eventos que practicamente completan todos os días do mes de decembro e os de xaneiro ata o 6, que é o Día de Reis”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



