O Vicepresidente, Álvaro Santos, avanzou este mércores que o Goberno da Deputación, xerou case 2 millóns de euros de beneficios aos gandeiros coa mellora da raza rubia galega. Concretamente son 1,848.000 euros que se acadaron coa venda de novillas que foron recriadas e melloradas na Granxa Gayoso Castro, e posteriormente vendidas. Fíxose ao abeiro do convenio de colaboración que mantén a Deputación e ACRUGA.
Santos Ramos avanzou esta cifra no transcurso dunha rolda de prensa, celebrada en San Marcos, xunto ao Presidente de ACRUGA, Cesar Dorado Pin, onde presentaron a poxa de preto de outras 30 novillas, que se celebrará o día 17 de decembro ás 12:00 horas, na Granxa Gayoso, en Castro de Rei.
O Vicepresidente remarcou a forte aposta do Goberno provincial por mellorar a calidade gandeira da provincia, e convidou a todos os gandeiros que queiran mellorar a súa cabana, a acudir a esta poxa. Explicou que esta é a cuarta que se realiza na Granxa Gayoso Castro organizada por ACRUGA.
Santos Ramos destacou a importancia do sector agrícola e gandeiro na provincia de Lugo. “A Deputación vai seguir impulsando o convenio con ACRUGA, porqué o sector primario foi, é, e seguirá sendo de capital importancia no desenvolvemento da provincia de Lugo”. O Viceportavoz explicou que a meirande parte dos gandeiros de nova incorporación opta pola produción de carne selecta de rubia galega, e avanzou que este tipo de iniciativas son necesarias, tanto pola demandan que teñen, como polo impacto que ten no sector, e noso territorio.
Cesar Dorado Pin agradeceu a colaboración e o esforzo da Deputación de Lugo coa promoción da raza rubia galega. “Coa sinatura do convenio coa Deputación medrou moito esta cabana, tanto dentro como fóra de Galicia, xa que estes exemplares son de elite, e esperemos que poidamos seguir traballando e colaborando conxuntamente para poder seguir mantendo esta raza autóctona”. Avanzou que as novillas que sexan subastadas, tanto preñadas, como non preñadas, contan cunha subvención de Caixa Rural de 200 e 100 euros, respectivamente.
Convenio con ACRUGA
A Deputación ten asinado un convenio de colaboración con ACRUGA dende o ano 2007 para expandir a raza rubia galega. Este acordo permite o coidado a manutención e a exposición nas feiras dos rebaños; selección dos mellores exemplares nas explotacións da raza rubia galega; recría de femias, venta e distribución e promoción e difusión da raza.