Mércores 21 de decembro. As Seleccións da Mariña de Fútbol Sala Base regresaron un ano máis ao traballo para preparar o Campionato Galego de Seleccións Locais da Federación Galega de Fútbol Sala. As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete da bisbarra, coa coordinación da Fundación Imdecum, bateranse aos combinados de Lambre e Lugo na pugna por un billete para a fase final da competición, programada para o 21 de xaneiro de 2017 na Estrada.
A fase de grupos decidirase o 8 de xaneiro en Burela, con sede nos pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo.
Corpos técnicos
Seis escolas representarán o apartado técnico da Mariña. O equipo benxamín estará dirixido por Borja Rocha e José Alonso, da ED Barreiros; Michael Sante, de Maderas Barcia Lourenzá, e Andrés López, da base do ACD Xove, encargaranse dos alevíns; Mario Pillado, da ED Pescados Rubén Burela FS, estará á fronte do conxunto infantil, xunto a Pablo García, da EDM Alfoz. A selección cadete competirá baixo as directrices de Christian Gómez, da escola laranxa, e Jesús Ares, de Castrelo FS.