O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Demetrio Salgueiro, participaba no acto de inauguración do tradicional belén da parroquia de San Miguel da Rigueira.
Belén de A Rigueira

Dentro das actividades da Concentración de Club de Morgan España, que se está a realizar estes días, tivo lugar unha visita a Mondoñedo que incluíu unha recepción por parte das autoridades municipais. Na mesma, que tivo lugar na Praza da Catedral de Mondoñedo, ao carón destes vehículos históricos, o Alcalde, Manuel Ángel Otero e a Concelleira de Turismo, Patricia Otero Doural, conversaron cos participantes e agasallaron a estes cunha bolsa con materiais sobre Mondoñedo. Tras esta breve conversa, procedeuse a realizar unha visita pola zona histórica da cidade episcopal.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Este xoves desde o Concello de Cervo achegaron ao alumnado dos dous colexios de infantil e primaria da localidade unha didáctica sesión teatral sobre a importancia de reciclar. O alumnado pasouno en grande "xogando a reciclar" da man de Fanny Medioambiente.
Foille notificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O cervense, que declarouse "absolutamente inocente", anunciou a súa decisión ao Presidente Rueda. A denunciante sería unha popular presentadora de TV ferrolá.
1º. Banco de Loiba. De Diego Pérez Dopico. 56 puntos. 2º Bolboretas: sementadoras de vida. De Germán Paleo Navarro. 47 puntos. TOP CERVO Ruínas. De Consuelo Fra Fernández. 36 puntos. En total participaron 26 instantáneas. Desde o Concello agradecen a participación neste certame consolidado que é tamén unha chamada á reflexión, por captar e compartir a súa ollada neses momentos que reflicten o respecto, a beleza e tamén os retos que afronta a noso medio ambiente; ao tempo que nos permiten coñecer o seu traballo a través da súa óptica, e tamén descubrir lugares e situacións únicas, como sempre fan edición tras edición nesta iniciativa que “naceu para poñer en valor a nosa contorna natural e fomentar unha conciencia máis respectuosa co medio".
Farao tras recibir a autorización concedida pola consellería de educación.
O programa dará comezo o 1 de xullo e ramatará o 29 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 h. Levarase a cabo a través dun proxecto de voluntariado xuvenil, que nesta edición conta con cinco persoas voluntarias do Concello.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital