Ribadeo, 8 de decembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, visitou este xoves a XIV edición do Mercado de Nadal, que permanecerá na rúa San Francisco e no parque ata o domingo, 11 de decembro. Fíxoo acompañado por varios compañeiros do equipo de goberno. Nun total de 25 postos os artesáns ofertan unha ampla gama de produtos aos que se unen varias actividades paralelas durante estes días.
O rexedor declarou que “con este Mercado de Nadal comezamos esta época navideña en Ribadeo durante esta ponte, durante estes días de lecer, en que moitísima xente de aquí, de fora e de ben lonxe incluso, escolle Ribadeo como destino preferente”.
Fernando Suárez comentou que “o Mercado de Nadal ten outro ano máis, e xa van catorce, todas estas casetas, neste ano nun número de 25, onde podemos atopar todo tipo de cerámica, téxtil, alimentación, xoiería, coiro, cervexa artesá, etc… Neste Mercado de Nadal, que estará desde hoxe ata o domingo, 11 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 ata 21:00 horas, todo o mundo poderá degustar, comprar, pasear, tomar algo ou aproveitar para mercar no comercio local”.
O rexedor ribadense subliñou que “estas cosas son para que os artesáns vendan e fagan unhas boas caixas, pero sobre todo para que a xente veña a Ribadeo, para que os hostaleiros, os bares, os restaurantes, os hoteis e os hostais poidan poñer o cartel de case completo, non será completo porque estamos preto do Nadal, pero rexistrarán unha ocupación importante”.
Fernando Suárez lembrou que “de feito o tirón que está tendo Ribadeo en todo este tempo e ao longo do ano é algo obxectivo que está aquí para poder ver por calquera. Ao mesmo tempo queremos dotalo de actividades paralelas, non soamente os stands de todo isto, senón con actividades complementarias como música, magostos e un obradoiro de manualidades para os máis pequenos”.
O alcalde ribadense indicou que “ademais a partir de mañá, venres, tamén poñeremos en funcionamento o alumeado de Nadal deste ano 2016, un alumeado sen prexuízo dos anteriores que foron bonitos, pero este ano quixemos facer un esforzo especial e estou convencido de que vai chamar a atención para ben de moita xente. Sen pretender que isto sexa Nova York nin moito menos, e sempre co aforro enerxético das bombillas leds, queremos facer de Ribadeo un lugar agradable para estar pola noite, facer todas as compras e ser outra vez máis a capital dunha ampla comarca tanto galega como asturiana, para que veñan aquí a pasalo ben e neste caso a mercar aquí no Mercado de Nadal”.
Suárez Barcia percorreu este mediodía os postos do Mercado de Nadal acompañado polos concelleiros e concelleiras de Igualdade, Mocidade, Servizos Sociosanitarios, Cultura, Limpeza Viaria e Sostibilidade Ambiental.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



