Foz 21-12-2016.- O PSOE de Foz asiste atónito ás declaracións do Alcalde en relación á depuradora acusando ó PSOE de intentar paralizar a súa construción e quere manifestar que o Sr Castiñeira minte descaradamente e intenta ensuciar burdamente a labor do grupo municipal socialista con esas afirmacións.
Dende que, en sesión plenaria, foi aprobada a ubicación da nova depuradora no camiño da granxa en Forxan, co voto favorable de PP e FPF, o PSOE non fixo declaración ningunha e respecta o acordado a pesares de non estar de acordo coa ubicación elixida.
O que transcende é a incapacidade do Alcalde para entenderse cos veciños e para facilitar a información que lle piden. Unha incapacidade que pon de manifesto, cada vez que os veciños non están de acordo con el ou cuestionan as súas propostas, facendo caso omiso das súas peticións, cabreándose e botando a culpa a oposición.
Non só pasa coa depuradora, tamén noutros temas importantes. Pedíuselle, por que así o reclaman os veciños, que fixese públicas as alegacións ao PXOM, que informase dos proxectos de humanización da Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro e nin caso fixo.
Dende o PSOE pedímoslle que se deixe de argumentos simplóns e que si todo vai tan ben como di, que llo explique aos veciños de Forxan. Estes teñen dereito a ser informados de unha obra que lles vai afectar.