Os mozos do colexio de EDES, voluntarios, profesores e familiares participarán na última ruta do ano do Club de Montaña do CD Básico “Marqués de Casariego” o domingo 18 de decembro a Belén de Cumbres con saída ás 10.00 horas dende Tapia. Os interesados e interesadas poden incribirse ata o 16 de decembro nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) ou 608 540 828 (Eva) ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es. Ao finalizar, o que o desexe pode apuntarse a comer no Mesón do Puerto para celebrar o peche doutro Ano Montañeiro. O prezo da comida é de 12 euros incluíndo pote asturiano, escalope con patacas, sobremesa, viño, pan e café.























Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



