Viveiro, 30 de decembro de 2016.
Son varias as cuestións que o Grupo Municipal de SON VIVEIRO desexa aclarar sobre a súa postura nalgúns asuntos recentemente tratados sobre decisións e accións de importancia tomadas polo equipo de goberno municipal.
No último pleno celebrado o xoves día 15 de decembro, esta agrupación política optou pola abstención nun par de cuestións plenarias relativas ao pago de sancións en materia urbanística derivadas das nefastas políticas levadas a cabo polo antigo goberno do Partido Popular de César Aja e que agora lle toca custear á veciñanza da nosa cidade.
Aínda resultando positiva unha hipotética flexibilización no desembolso de tales multas, entendemos que o seu custo non debe recaer nas e nos viveirenses, toda vez que os verdadeiros responsables destas irregularidades continúan impunes ante tales accións, que se converten nun pesado lastre para as maltreitas arcas municipais.
Tamén manifestamos o noso malestar ante a estraneza expresada pola señora alcaldesa por unha presunta ausencia de propostas deste Grupo Municipal na antedita sesión plenaria; a ardua labor levada a cabo por SON VIVEIRO está máis que xustificada ante a gran cantidade de propostas e accións básicas que perseguen a verdadeira política que queren construír para o municipio e parece ser que o «caixón do esquecemento», o da alcaldesa, está cheo de iniciativas formuladas pola nosa coalición e aprobadas por unanimidade. En troques de poñerse mans á obra con elas, como se acordou nos plenos en que foron aceptadas, ten o descaro de comentar que non tivemos accións a levar a cabo nese mes…
Todo isto resulta incomprensible cando existe unha clara falla de comunicación co resto de concelleiras e concelleiros. A situación é, se cabe, máis grave polo feito de estar ratificada polo Pleno municipal unha moción que lle obriga á alcaldía a dar conta, cada dous meses, das actuacións levadas a cabo polo goberno local, acordo que a Sra. Loureiro continúa agochando no caixón anteriormente citado.
Tamén é clara a nosa postura acerca das licenzas de taxi, que os Informes Xurídicos do Concello descartan reducir, e o grupo de goberno pretende levar a cabo en base a unha compensación económica aos profesionais dese sector e aseguran que o número de habitantes non é o único criterio para determinar o número de licenzas e que a revocación debe exercitarse só en circunstancias xustificadas e de interese público, non sendo este o caso.
Existen outros xeitos de regular o sector: a través do número de horas de traballo, dos días de descanso, das quendas e do cumprimento das vacacións estipuladas por lei, o que posibilitaría un reparto igualitario do traballo existente.
Advirten que o goberno municipal debe ter en conta aspectos relacionados coas condicións de mobilidade, a calidade da prestación do servizo existente e diversas cuestións socioeconómicas baseándose principalmente nos seguintes criterios:
a) A existencia de poboación non censada e o notable aumento do número de persoas que visitan a localidade, que é un centro neurálxico comarcal e tamén lugar turístico durante varias épocas do ano que ve incrementada en varios miles a súa poboación habitual, chegando incluso a triplicarse en época estival.
b) O nivel de demanda e de oferta do servizo de taxi.
c) A cota de cobertura, mediante os diferentes servizos de transporte público e as necesidades de mobilidade da poboación.
d) A existencia de infraestruturas de servizo público que exceden o ámbito municipal, como poden ser o Hospital da Costa en Burela, a Delegación de Facenda en Foz, ou o Porto de Burela, ou de carácter industrial, como Alcoa San Cibrao, xunto con outros factores lúdicos e turísticos.
A isto engádenlle a inoperancia do transporte ferroviario e a falta de transporte público regular dentro da vila co que atender á cidadanía das parroquias lindantes, feitos todos eles que inciden directamente na demanda de servizos de taxi.
A este respecto confíamos en que a ordenanza recentemente aprobada axude a harmonizar o devandito servizo en prol dun mellor equilibrio para todas e todos, dando lugar, incluso, a unha mellor optimización dos devanditos tempos de traballo. Agora ben, se as asociacións de taxistas consideran que se debe reducir algunha praza, entendemos que debe ser este colectivo –de xeito análogo a como se ten levado a cabo noutros sectores, como o lácteo- quen se faga cargo do custo da amortización das licenzas, ao ser o mesmo o único beneficiado. Tal redución diminuría a oferta e aumentaría a rendibilidade do citado colectivo pero provocaría un empobrecemento no servizo para as e os usuarios do noso concello e incrementaría en catro postos de traballo a xa de por si avultada lista de persoas desempregadas.
Consideramos que os habitantes de Viveiro non deben ser quen sufraguen o axuste, que agravaría a delicada situación económica que atravesa o Concello de Viveiro unha vez máis, cunha débeda, provocada principalmente polas sospeitosas actuacións do antigo goberno do Sr. Aja, que supera os 800 euros por habitante.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



