As instalacións do hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, eran obxecto dun simulacro de emerxencia no que participaron tanto o persoal como os clientes que nese momento se atopaban no establecemento. Segundo explica a directora do Vila do Val, María Hermida, “simulamos un incendio que se iniciou na primeira planta do hotel, e que deixou a unha persoa discapacitada atrapada na terceira. Entre o persoal do Vila do Val e o GES de Cervo, que se desprazou ata Ferreira, logramos que todo quedara nun susto”.
