Este xoves celebrouse o Día Mundial da Educación Ambiental, e dende a Delegación Municipal de Medio Ambiente organizou dúas actividades para conmemorar unha data tan importante. A primeira delas consistiu nun taller de manualidades a partires de material de refugallo (un CD), esta actividade lévase a cabo cos alumnos de Infantil do CEIP Virxe do Carme. A segunda das actividades, baixo o nome “Reciclín y su perro Ecocán”, está dirixida aos usuarios da Asociación Camiña, que xogando aprenderán a separar correctamente o lixo.
Noelia Mª Ben destaca que “dende o Concello hai unha forte aposta pola educación ambiental, e non só neste día tan sinalado, senón durante todo o ano, xa que contamos cunha Aula de Educación Ambiental que traballa a diario para mellorar a educación ambiental de todos nós, co obxectivo de acadar un desenrolo sostible”.
