Madrid 18-1-17. A Apehl presentou esta tarde na Feira Internacional de Turismo de Madrid a nova guía da colección … E Para Comer, Lugo, unha iniciativa chave para a promoción da provincia no seu conxunto como destino turístico e gastronómico.
A presentación tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o delegado da Área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.
Real deu a coñecer o novo volume desta colección de guías turísticas … E para comer, Lugo, o cal quixo ser dedicado, con motivo do décimo aniversario, a todos e cada un dos municipios que conforman esta provincia repasando, de maneira sinxela e práctica, os atractivos culturais, festivos e gastronómicos máis destacados de cada un deles.
Baixo o título Lugo, 67 destinos, o anuario está integrado por 132 páxinas, que se distribúen en tres apartados ben diferenciados. O primeiro deles percorre os 67 municipios lucenses, cunha introdución que nos adianta a verdadeira finalidade e filosofía coa que foi creada esta guía, unha compañeira de viaxe que vai facendo paradas en cada localidade para amosarnos os principais puntos turísticos que non debemos esquecer na nosa visita a cada unha delas, as datas máis recomendadas para achegarnos a cada concello, os eventos culturais e festivos de maior interese e os produtos típicos que enriquecen de maneira envidiable a gastronomía lucense. Como apuntou Cheché Real na súa intervención, “todo está incluído neste exemplar, un compañeiro de viaxe que, sen dúbida, invitaravos a repetir”.
Así mesmo, a guía inclúe dous capítulos máis que xa son seccións habituais, o álbum dedicado á presenza da Apehl na Vuelta Ciclista a España e un directorio no que se poden atopar por orde alfabética todos os establecementos asociados da provincia de Lugo. Tamén conta cun mapa dos Camiños de Santiago que percorren a provincia por un total de 800 kilómetros de ruta e un índice cos servizos turísticos, transportes, estradas e puntos de información máis destacados.
A publicación ten unha tiraxe de 15.000 exemplares que se distribúen en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Vuelta Ciclista a España, ademais de contar cunha edición dixital na web www.eparacomerlugo.es.
Novos proxectos
O presidente da Asociación fixo balance destes dez anos e asegurou que “as novas tecnoloxías abríronnos grandes oportunidades pero tamén nos obligaron a camiñar con elas de maneira ineludible. É por isto polo que queremos que este décimo aniversario nos impulse a afrontar novos retos”.
Desta maneira, anunciou novos proxectos para este 2017 que reforzarán a finalidade coa que se concebiu esta guía e que lle achegarán o carácter multimedia que está sendo demandado polos consumidores. “Apostaremos pola creación, en colaboración cos Concellos, dunha plataforma virtual ligada á marca … E para comer, Lugo que dea un servicio integral aos turistas con toda a información que recollemos nesta guía, se actualice coas noticias máis interesantes do noso colectivo e informe de calquera novidade de maneira instantánea. Unha plataforma en aberto que manteña ao día aos nosos clientes e permita o envío periódico dunha newsletter actualizada aos mesmos puntos de interese aos que enviamos a guía en papel”, explicou Real.
Apoio de diversas institucións
Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, referiuse á riqueza de propostas da publicación: “Esta guía non só pon en valor os atributos gastronómicos da provincia, senón tamén os paisaxísticos, os culturais e os históricos”. Así mesmo, invitou a todos os asistentes a visitar Lugo e a comer en Lugo, pois “nos seus fogóns gárdanse moitos tesouros por descubrir”.
De igual maneira, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, fixo fincapé na importancia do turismo gastronómico para Lugo, manifestando que “é un dos recursos que fai que Lugo te cambie. En Lugo temos recursos que ninguén debe perderse. En cada un dos nosos 67 concellos temos específicas xoias naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicas”.
Pola súa banda, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, cidade tan coñecida pola súa tradición do tapeo, asegurou que “tapear en Lugo está no ADN de todos os lucenses grazas á hostalería” e ensalzou o labor realizado ao longo do ano pola Apehl para a promoción turística de Lugo.
Á presentación asistiron numerosas autoridades dos ámbitos local, rexional e nacional, tales como a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o alcalde de Sober, Luís Fernández; o alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente; o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carme Basadre; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o deputado nacional por Lugo do Partido Popular, Joaquín García Díez; o portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, e o senador pola provincia de Lugo, Dámaso López, entre outros.
Entre os representantes das asociación de produtores atopábase Francisco Monasterio, presidente de Avimós. Outras caras coñecidas foron a do xornalista Jenaro Castro, natural de Pol, e a do presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Provincia de Lugo, Ángel Trabada.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



