Burela 23-1-17. A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:05 da mañá do martes, día 24 de xaneiro, un acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación.
Con atención específica para o alumnado de recente incorporación ao sistema educativo galego desde setembro de 2014, o IES Perdouro conta desde o presente curso académico cunha profesora especialista en Inclusión Educativa.