Até primeiros do 2001 no Dereito Penal español o réxime punitivo a respecto da apoloxía do terrorismo era o xeral que rexía e rexe para toda apoloxía do delicto: só se castiga aquela apoloxía en canto constitúa unha provocación que, ademáis, pola súa natureza e circunstancias, supoña un convite directo a cometer un delicto.
Mais un neófito ZP mercoulle a teoría ao peor Aznar do aznarato e, da mán do chamado Pacto antiterrorista, aprobouse en decembro de 2000 unha reforma que introduciu un novo delicto destinado só á apoloxía do terrorismo, que pena todo xeito de reivindicación ou xustificación e calquera conduta que, ademáis, promova a falla de creto ou humillación das vítimas. Ou sexa, que temos unha regra excepcional para o terrorismo que non se predica dos asasinatos en xeral, dos crimes machistas ou dos crimes do franquismo. Unha norma excepcional, que representa unha concepción propia do Dereito Penal do inimigo e, polo mesmo, resulta inconstitucional. A Constitución interprétase no eido dos dereitos fundamentais consonte coa xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e máis cedo ca tarde haberemos asistir á anulación das sentenzas que defenden unha interpretación da apoloxía do terrorismo allea á regra xeral da apoloxía do delicto (a última a do Tribunal Supremo condenando ao Strawberry de Def con Dos).
Para entendermos a grandísima trapallada da persecución destas condutas, abonda saber que ETA abandonou a súa actividade hai xa máis de cinco anos. Pois ben, no 2011 abríronse 5 causas por esta caste de delictos, no 2015 25. Non fai sentido ningún, verdade? No canto de perseguer a corrupción ou percurar a nosa seguranza fronte o yihadismo, policía xudicial, fiscais e xuices dese Tribunal de excepción-sucesor do franquista Tribunal da Orde Pública- chamado “Audiencia Nacional” adican os recursos que lles pagamos todos para pescudar e mesmo condenar tweets de gamberros, freakies ou descerebrados.
Nas democracias existe un amplísimo respecto á liberdade de expresión. O Dereito Penal do Estado democrático só ha castigar as condutas verdadeiramente lesivas e graves para a convivencia. Nas democracias non se impón pena por opinar, por bárbara que a opinión fór.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



