Foz, 12 de xaneiro de 2017. O Concello de Foz presentou este mediodía no salón de actos do Cenima unha aplicación turística para dispositivos móbiles denominada Looking Foz, que xa está operativa e permite atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información de eventos ou recibir avisos do Concello en tempo real.
En primeiro lugar a técnica municipal de turismo de Foz, Mari Fe Rouco, manifestou na presentación que “esta campaña turística é para promover o concello de Foz a través duns vídeos e dunha app para dispositivos móbiles baixo o slogan O teu destino A Mariña. Foz o teu punto de encontro”.
Marifé Rouco salientou que “a aplicación turística Looking Foz estará dispoñible para dispositivos Android e Ios e nela imos poder atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información de interese, novas, avisos directos en tempo real, puntos de interese sobre o mapa, onde comer e durmir, e tamén un calendario de eventos”.
Pola súa banda o representante da empresa encargada da elaboración da app, Ailalelo Deseño e Desenvolvemento, Kiko López-Ron, detallou que “la aplicación turística de Foz lleva diferentes apartados: uno de ellos es noticias; otro de eventos, en el que vamos a ir metiendo los eventos que vayan sucediendo en Foz, tanto de ocio como fiestas patronales, eventos deportivos y de cualquier tipo, y se van a poder visualizar, pues aparece el título del evento, el desarrollo y un mapa para poder llegar a él. Tenemos un mapa con diferentes rutas turísticas y diferentes puntos de interés, entre los que están desde la playa de As Catedrais hasta el faro da Frouxeira hay muchísimos puntos. En las versiones de Android y de IOS podéis ver que te localiza y te lleva al sitio, te dice dónde estás y cómo llegar a ese lugar”.
Kiko López-Ron engadiu: “tenemos un apartado de ocio donde hay diferentes restaurantes y empresas de aventura; todo el que quiera estar tiene que mandar un correo electrónico al Concello y se le va a añadir. Tenemos un apartado de notificaciones en tiempo real de manera que a cualquier persona que tenga instalada la app en su móvil desde el Concello le van a poder mandar avisos en tiempo real: si hay una carretera cortada, un evento importante, una presentación o cualquier cosa el Concello va a tener una comunicación directa”.
Para Kiko López-Ron “lo más importante para el Concello es la geolocalización de las rutas, que puedas ver una playa y te lleve hasta ella directamente por la ruta turística. El calendario de eventos también es muy importante para que la gente que esté en Foz sepa lo que hay en cada momento y cómo llegar a ese sitio para poder ir”.
No decurso desta presentación o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, subliñou que “o importante desta campaña é que sexa divulgativa para que os atractivos turísticos de Foz poidan visualizarse moito mellor, que sexa unha ferramenta no móbil para poder gozar mellor do noso concello”.
O rexedor focense asegurou que “a idea primordial é que o turista que vén á Mariña se centralice en Foz e a partir de aí poida percorrer diferentes puntos, non só do noso concello senón tamén doutros da zona. Foz está no centro da Mariña e non podemos desprezar para nada cousas tan bonitas que hai noutros concellos e que están tan preto de aquí. É fundamental que desde aquí poidamos ensinar a zona con total naturalidade dentro da idea que leva agora A Mariña de ter unha visión conxunta”.
Javier Castiñeira engadiu: “creo que Foz é o primeiro que fai esta actuación e non se cingue unicamente aos atractivos turísticos do noso concello. Dentro do mapa ímonos poder mover por toda A Mariña e ver os puntos máis singulares. Unha persoa que vén a Foz non se pode perder os atractivos do noso concello pero tampouco os que están próximos a nosoutros”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



