RIBADEO, 27 de xaneiro de 2017. O Partido Popular de Ribadeo, en resposta á demanda dos veciños da localidade, decidiu apoiar no Pleno que vén de celebrar a Corporación municipal, a aprobación da modificación de crédito presentada polo Goberno local para que a residencia da terceira idade “sexa unha realidade canto antes”. Neste senso, o voceiro de Grupo, Jesús López Penabad, considera que “demostramos ter altura de miras, poñendo por diante os intereses dos veciños. Ribadeo precisa canto antes esta infraestrutura, polo que agardamos que, con esta modificación, o alcalde e o seu equipo cumpran o compromiso de rematala. Dende logo, os ribadenses necesitámolo e así llo trasladamos ao Goberno en Pleno”, afirma.
Novas taxas, “impostos encubertos”
Por outra banda, os populares manifestaron o seu rexeitamento á proposta do rexedor que incluía a aplicación de novas taxas ás empresas, en función da superficie que teña a obra a executar. O voto en contra deste Grupo, explica López Penabad, débese a que “encubre unha nova suba de impostos e, ademais, coarta a liberdade profesional de quen faga o proxecto das actuacións que se fagan no municipio”. A este respecto, defende que “non nos parece xusto, pois isto pode levar a que os presupostos que se presenten non sexan obxectivos. Consideramos que se deben de aplicar uns mínimos, pero non isto, pois estamos diante dun novo imposto encuberto”, subliña.
Mellora de viais
Asemade, os populares apoiaron a proposta que incluía pedir á Deputación o arranxo de varios viais, que son da súa titularidade, con cargo ao Orzamento de 2017. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade e afecta aos enlaces que comunican as localidades de Arante, Santalla de Vilaousede, Cousela e á entrada de Ribadeo que pasa sobre a vía do FEVE. Neste último caso, destacan que é unha ponte moi estreita, que non ten accesos, nin mobiliario urbano e precisa un arraxo con prontitude.
En materia de infraestruturas, tamén pediron ao Goberno local o arranxo do pavillón municipal, pois, segundo asegura o voceiro do Partido Popular, presenta “serias deficiencias”, ademais de problemas “de extrema gravidade” na climatización. Tal é así, que “nos catro vestiarios que hai, tan só funciona o subministro de auga quente nun”.
“Sen representación socialista”
Noutra orde de asuntos, os populares queren manifestar a “máis absoluta sorpresa” pola actuación do grupo socialista. E é que, no punto da orde do día que incluía a renuncia de varios edís desta formación política, a propia voceira “estivo ausente”, quedando este Grupo “sen representación no concello”. “Certamente, isto é unha irresponsabilidade. Custa entender este proceder porque se non están presentes no Pleno, tamén están abandonando aos veciños que os votaron”, critica López Penabad.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



