A Mariña, 5 de xaneiro de 2016. O xornalista Jenaro Castro, actual director e presentador do programa de TVE Informe Semanal, será o encargado de presentar os potenciais turísticos da Mariña en Fitur, o vindeiro 19 de xaneiro.
O presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfredo Llano, lembrou hoxe que “no último pleno ordinario da Mancomunidade da Mariña que celebramos en Cervo, decidimos por unanimidade tratar de buscar unha persoa que representara un pouco a todo o mundo na comarca, para que presentara en Fitur os potenciais da nosa comarca con respecto ao turismo”.
Llano explicou que “naquela reunión falamos de que había que buscar unha persoa que se adaptara, que fose do mundo literario, artístico ou xornalístico, e estivemos tratando de buscar unha persoa que ademais tivera a posibilidade de estar vivindo en Madrid para non crearlle prexuízo e facilitar esta labor”.
O presidente da Mancomunidade anunciou que “nos decidimos por Jenaro Castro que é xornalista, ademais está afincado en Madrid, é da provincia de Lugo, e aínda que é de Pol realmente coñece perfectamente A Mariña. Estiven esta mañá falando con el e é para el unha honra poder presentar en Fitur a nosa comarca, a nosa Mancomunidade, e nosoutros estamos encantados de que sexa así”.
Alfredo Llano dixo: “pensamos que é un bo método para dar a coñecer A Mariña, que non sexan os políticos, senón unha persoa independente para que certifique que temos calidade e un atractivo extraordinario para aquela xente que queira visitarnos. Imos facer a presentación o día 19 ás seis da tarde, alí en Fitur. Temos un tempo limitado para facer unha exposición clara, de arredor de 25 minutos, dos que espero que Jenaro Castro poida estar arredor dun cuarto de hora falando da nosa comarca”.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “hai unanimidade dos alcaldes, e estamos todos de acordo en que sexa Jenaro quen nos represente e fale das cualidades extraordinarias que temos na nosa comarca, para que sexa un bo destino para todo o mundo que queira achegarse aquí tanto no verán como en calquera época do ano”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



