Burela 19-2-17. Competido encontro entre o AD Alcorcón e Pescado Rubén Burela co que se pechaba a xornada ligueira en Primeira División. O choque comezou con gran equilibrio sobre a cancha, aínda que, o combinado lucense conseguía adiantarse aos tres minutos de xogo, por mediación de Dany, culminando unha veloz contra da escuadra laranxa. Luján e Vadillos con remates de media distancia probaban sorte para as alfareiras en busca dunha igualada que non chegaba, mentres o Pescados Rubén Burela seguía fiando a súa sorte á definición da brasileira Dany para crear perigo constante á zaga amarela. O primeiro acto concluía cunha ocasión local en forma de falta directa que salvaba Jozi.
Ao pouco da reanudación, Vadillos estrelaba un remate ao pau nunha clara ocasión para o Alcorcón. A igualada chegaba aos 30 minutos de xogo, obra de Ana Rivera, que resolvía na frontal do área de tiro cruzado ante a brasileira Jozi. A máis de sete minutos da conclusión o Burela optaba polo xogo de cinco en busca da vitoria no partido.
A cinco do final, Shiori facía bo o xogo de cinco para poñer o 1 a 2 a favor do conxunto galego. O Alcorcón facía o propio co xogo de cinco no tramo final para conseguir a igualada por mediación de Vane Sotelo a menos de dous minutos para o final, logo dun disparo á madeira de Desi pouco antes. Tralo empate a dous e un pertinente tempo morto, o Burela volvía apostar polo xogo de cinco, pero nin unhas nin outras conseguirían transformar en gol as súas chegadas nun desenlace de partido máis que emocionante.
Ficha técnica
AD Alcorcón: Belén, Vadillos, Anita Luján, Ana Rivera, Isa García -cinco inicial- Vane Sotelo, Irene, Dessiré, Stela, Clara.
Peixes Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shiori -cinco inicial- Silvia, Judith, Sofía, Lara, Elvira.
Goles: 0-1, m.3, Dany; 1-1, m.30, Ana Rivera; 1-2, m.35, Shiori; 2-2, m.37, Vane Sotelo.
Árbitros: Guzón Torrijos, Jiménez de Santiago.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 da Primeira División. Disputado no pavillón de Los Cantos de Alcorcón.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
