Burela, 11 de febreiro de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, acompañou ao Burela FS á xuntanza mantida nas últimas horas co responsable da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera.
O edil socialista dixo que “alí falouse das axudas previstas para os clubs deportivos para este ano 2017. Saímos bastantes satisfeitos dese encontro. O que lle pedimos á Deputación é que axilice ao máximo o pagamento desas achegas, xa que o Burela FS depende moito delas”.
Fernández Rey tamén se referiu ao resto de clubs burelaos: “tamén lle falei no mesmo sentido a Pablo Rivera, soliciteille que axilicen moito o pago das axudas ao deporte local”.
Breogán
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, tamén mantivo unha reunión co presidente do CB Breogán, Jesús Lázare: “queremos establecer unha relación e colaboración directa co club de baloncesto Burela e co noso Concello para tentar achegar o baloncesto de elite á nosa vila. Gustaríanos que Burela acollese a celebración dalgún evento deportivo importante”. O edil burelés tamén estivo en contacto co director xeral do Estudiantes de Lugo. Fernández Rey engadiu que “estes primeiros contactos terán continuidade próximamente”.