Foz, 3 de febreiro de 2017. O Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín con varias propostas. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras destas datas do 6 ao 14 de febreiro “poderán cubrir o tícket cos seus datos e deixalos no local para participar no sorteo de 5 ceas románticas para compartir coas súas parellas”. Desde a directiva do CCA contan que “o sorteo farémolo o 17 de febreiro ás 12 da mañá a través de Radio Foz. O que pretendemos con esta campaña é animar á xente a facer as súas compras no noso comercio e queremos premialos por iso con ese sorteo de cinco ceas románticas”.
Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderá gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nesta datas na que varios mesóns, bares e restaurantes ofrecerán tapas elaboradas con produtos como ostras, chocolate, fresas, plátano, canela, vainilla, etc…”.
E ademais do 11 ao 14 de febreiro tres pastelerías de Foz: Amarena, Anduriña e Xoyma porán á venda, ao prezo de 1,5 euros, o doce especial afrodisíaco que elaboraron para esta ocasión.
Os eventos presentáronse nas últimas horas por parte de directivos do Centro Comercial Aberto de Foz.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



