Mondoñedo, 4 de febreiro de 2017.- O Goberno local de Mondoñedo presenta o cartel anunciador do Entroido 2017, que se celebrará o sábado 4 de marzo. A artista da localidade, Irma Loureiro, foi a encargada de deseñar unha obra que inclúe elementos representativos da localidade, como son o rosetón ou unha torre da Catedral, así como a coroa do escudo.
O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, puxo en valor a necesidade de promocionar “os nosos artistas locais e contribuír a que todos o coñezan, de aí que optamos por encargar o deseño do cartel á pintora mindoniense”. Así, García quixo agradecer o “gran traballo” da artista, quen, de xeito anual, tamén é a encargada de deseñar as bases para a creación das alfombras florais que se confeccionan para Corpus. Ademais, Irma Loureiro expuxo por primeira vez a súa obra no Porriño, en Mondoñedo, “acadando un grande éxito”, informa o concelleiro.
Un Entroido con novidades
Durante a presentación do cartel, Alberto García adiantou tamén que o programa do desfile do Entroido para este ano 2017 contén novidades, como a inclusión dunha nova categoría para os grupos de batuca. Entre os participantes no concurso, repartiranse 5.000 euros e haberá ata cinco premios na categoría de comparsas. Ao finalizar o desfile, terá lugar unha actuación musical da man da orquestra local, Salsarena, encargada de amenizar a xornada mentres os asistentes agardan pola resolución do xurado, integrado, por segundo ano consecutivo, por representantes de asociación de Mondoñedo elixidas por sorteo.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



