Lugo 22-2-17. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e Carlos López Gil, representante dos herdeiros de Álvaro Gil Varela, asinaron este mércores no Museo Provincial a adquisición por parte do Executivo provincial dun novo lote de 15 pezas da colección de ourivaría castrexa do filántropo lucense. En virtude deste contrato, o Executivo provincial achegará este ano un pagamento de 583.000 euros, que lle permitirá adquirir o cuarto lote do tesouro, de xeito que só restará o pagamento do ano 2018 para completar a adquisición completa da colección.
Campos Conde sinalou que “hoxe asinamos a adquisición do cuarto lote da colección de ourivaría castrexa de Álvaro Gil, por valor de 583.000 euros, que corresponden coa anualidade prevista neste 2017. Con isto, conseguimos que outras 15 pezas deste tesouro, catalogado como Ben de Interese Cultural, por fin sexa de todos os lucenses. Os veciños desta provincia son donos absolutos dun total de 36 pezas desta ilustre colección, que custodia o seu Museo Provincial para o desfrute, gratuíto e sen restricións, de todos”.
“Hoxe asinamos tamén o depósito de preto de 23.400 euros para a compra do quinto e último lote deste tesouro. Deste xeito, garantimos que, no 2018, a colección completa de Álvaro Gil, é dicir, as súas 40 valiosas pezas, sexan, única e exclusivamente, dos veciños desta provincia. É unha satisfacción, e creo que é de xustiza, que este Museo, o de todos os veciños desta provincia, acolla a única colección dos fondos museográficos de Lugo que posúe, de xeito independente, o recoñecemento de Ben de Interese Cutural”.
Lotes de pezas
A colección de ourivaría antiga Álvaro Gil, que actualmente se exhibe na sala 8 do Museo Provincial, está formada por 40 pezas da época castrexa, entre as que se atopan torques, brazais, arracadas e pulseiras procedentes de diversos Concellos lucenses, así como doutros lugares de Galicia. Inclúe, ademais, emblemáticas xoias como o Torque de Burela, o máis grande atopado en Galicia, e o Carneiro Alado, peza de valiosa execución artística e de incerta procedencia xeográfica. O tesouro goza da consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), o que lle outorga a máxima protección patrimonial segundo a lexislación autonómica vixente.
O Goberno da Deputación alcanzou no ano 2014 un acordo cos herdeiros de Álvaro Gil Varela para adquirir a colección completa de ourivaría antiga, en cinco lotes anuais, por un importe de 2,3 millóns de euros.
- Lote 1, por valor de 6.000 €, composto por 5 pezas: arracadas da Valiña, arracada de Burela, espiral de cabelo fragmentada, arame de ouro 1 e arame de ouro 2.
- Lote 2, por valor de 568.500 €, composto por 10 pezas: gargantela de Monte dos Mouros I e gargantela de Monte dos Mouros II, pulseira de Monte dos Mouros, barriña dobrada, fragmento de torques con barriña decorada e remate, torques fragmentado con varilla e remate decorados, torques Áureo da Recadieira I, torques de Melide, fragmento de torques da Valiña 1 e fragmento de torques con remate piriforme 1.
- Lote 3, por valor 568.500 €, composto por 6 pezas: torques áureo de Recadieira II, torques de prata da Recadieria, torques con retames en dobre escocia, torques de Viveiro, Carneiro Alado, fragmento de cravo de ouro.
- Lote 4, por valor de 583.000 €, composto por 15 pezas: fragmento de torques da Valiña II, fragmento de torques con remate piriforme II, fragmento de torques con remate piriforme III, torques de Cu do Castro, torques do Castro de Viladonga I, fragmento de torques de Centroña, contas de colar de Chaos do Barbanza, brazal de Urdiñeira, pulseira de Urdiñeira, brazais de Moimenta, barriña de ouro, pulseira da Terra de Melide, pulseira de Ourense, torques de Riotorto e pulseira-torque.
- Lote 5, por valor de 584.100 € e que se subscribirá no 2018, composto por 4 pezas: toques de Burela, onza de Fernando VI, láminas áureas de Valiña, e barriña de ouro.
Pezas adquiridas
As 15 pezas do lote 4 que se adquiriron coa sinatura deste contrato son as seguintes: fragmento de torques de Valiña, dúas pezas compostas por fragmentos de torques con remate piriforme, torques de Cu do Castro, torques do Castro de Viladonga, fragmento de torques de Centroña, contas de colar de Chaos do Barbanza, brazal e pulseira de Urdiñeira, brazais de Muimenta, barriña de ouro, pulseira da Terra de Melide, pulseira de Ourense, torques de Riotorto e pulseira-torques.
O contrato asinado este mércores cos herdeiros de Álvaro Gil tamén inclúe o aboamento de 23.364 euros polo depósito no Museo Provincial do lote 5 da colección, cuxa compra se formalizará o ano que vén. Este lote 5 componse das seguintes pezas: Torque de Burela, Onza de Fernando VI, láminas áureas de Valiña e barriña de ouro.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



