De auténticos sobreviventes podemos considerar aos senderistas de Pasada das Cabras de Burela, despois de realizar este sábado a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico. Participamos un total de 80 senderistas e cun temporal de vento e choiva percorremos o 12 Km. que separan as localidades de Ribadeo e Rinlo. Debido ás condicións climatolóxicas non puidemos gozar plenamente da extraordinaria beleza deste tramo: a Ponte dos Santos, O Cargadoiro, o Forte de San Damian, o Faro da Illa Pancha …., e por ultimo o pintoresco porto de Rinlo, aínda que as mesmas circunstancias que dificultaron a ruta engadiron beleza ao percorrido, pola forza do mar.
