O mes do marzal está adicado á Muller e o día oito do mesmo mes conmemórase o día da Muller Traballadora. Son símbolos a ter moi en conta nos tempos nos que nos atopamos, e nos que todavía existen necios que se permiten dicir que “as mulleres non somos intelixentes, nin fortes e sí moi pequerrechas”. Tal vez estes seres sen cerebro non haxan sido paridos por mulleres, non teñan irmás ou fillas e por iso a súa aguda perspicacia mental saída totalmente de tono e da que se jactan por doquier.
Como muller, e muller traballadora obrigada a ter que conciliar a vida laboral coa da miña casa, debo dicir que afortunadamente hai homes que axudan a que esto poida realizarse, como é o meu caso. Que nunca cobréi menos soldo que un home por facer o mesmo traballo, cousa que non poden dicir moitas mulleres que ainda na actualidade se ven sometidas pola desigualdad salarial, algo que nunca entendín: A igual traballo, igual soldo; pero por desgracia quédanos moito por andar para que isto se poida convertir nunha realidade social e tendo que loitar con algúns individuos ignorantes ocupando sillóns de altos cargos políticos que impiden que as mulleres sexan consideradas como semellantes. Tamén existen os casos nos que polos mesmos feitos as mulleres son despedidas e os homes só son degradados e dos que non se fala. ¡Pero existen!. O machismo enrarece a vida laboral creando malestar entre os traballadores, e hai homes que se aproveitan maliciosamente diso.
Se queremos unha sociedade paritaria hai que educala dista mañeira. Unha muller pode facer o mesmo traballo que un home (non me veñan coa letanía da forza, que hoxe hai máquinas); pode mandar coa mesma responsabilidade e capacidade que un varón e, por suposto, a nosa intelixencia está totalmente equiparada á dos homes (aínda que aquí habría un importante debate que non lles gostaría demasiado ós mamarrachos que dicen que nos non a temos); non somos tampouco inferiores ós homes, sempre e canto esteñamos en igualdade de condiccións; e, por suposto, non somos nin seres diminutos nin pequenos, ainda que existan algúns homes mezquinos que así o crean.
Sigo preguntándome de que caverna da Prehistoria e de qué seres majaderos habrán saído esos homes que abren tanto a boca convertíndose en abyectos e que creen que poden tratarnos ás mulleres como a principios do século pasado. A eles tal vez non lles interese, pero as mulleres crecemos e aprendemos dos nosos erros, traballamos o triple para conseguir ser mellores nos nosos traballos e abrímonos camiño alcanzando postos de responsabilidade nos que algúns homes non serían capaces de pactar nin negociar solucións positivas.








A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



