Lugo, 3 de marzo de 2017. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres concorrer, xunto con sete entidades locais de países europeos, a un proxecto comunitario de posta en valor do patrimonio cultural e desenvolvemento económico en localidades do rural. Así o avanzou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, que explicou que se trata do Proxecto Europeo de Xestión Participativa, enmarcado no Programa Europeo cos Cidadáns. No caso de ser aprobado, estará dotado 176.000 euros, cos que se levará a cabo un congreso internacional e accións formativas sobre a xestión dos recursos patrimoniais en núcleos rurais.
“É un plan de marcado rango internacional, que contribúe a dar a coñecer a riqueza do entorno cultural e lingüístico en Europa, ao mesmo tempo que dinamiza o patrimonio no rural e o desenvolvemento económico das nosas vilas”, destacou Pilar García Porto.
A Deputada subliñou que esta iniciativa se enmarca dentro do Ano Europeo do Patrimonio 2018, data na que se levaría a cabo.
A Deputación de Lugo concorre conxuntamente cos seguintes socios comunitarios: Vicenza (Italia), Condado de Kent (Reino Unido), Duzet (Hungría), Moylan (Bulgaria), Domikoinep (Grecia), Vojova (República Checa), e Valka (Lituania).
Doutra banda, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou os traballos de mantemento e posta en marcha a punto dos embarcadoiros e catamaráns das Rutas Fluviais da Deputación, que se financian con 435.000 euros de fondos propios.
Arranxo da LU-P-2801 en Lourenzá
O Goberno da Deputación tamén aprobou os Plans de Seguridade e Saúde no Traballo para poder continuar as derradeiras obras da piscina de Monterroso, que permitan a súa posta en marcha; así como o da estrada LU-P-2801, desde Santo Tomé, por San Adriano, no Concello de Lourenzá. O Executivo Provincial arranxará 3,3 quilómetros da desta vía con 268.425 euros. Trátase dunha das estradas máis utilizadas polos laurentinos. O seu arranxo contribuirá a mellorar a calidade de vida dos 2.300 veciños deste municipio.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



