Viveiro 6-3-17. Felicitacións a Adrián Ben
Dende o pasado fin de semana, un novo logro se suma ao gran palmarés de Adrián Ben. O atleta viveirense, pertencente ao FC Barcelona, vén de proclamarse campión de España júnior de 3.000 metros polo que, en nome dos veciños de Viveiro, quero felicitalo publicamente por este éxito, un novo ouro que se suma a súa imparable traxectoria deportiva, da que todos nos sentimos profundamente orgullosos. Somos conscientes de que Adrián é un deportista excepcional, que non deixa de sorprendernos, que está ao máis alto nivel e que continuará facendo historia. Por todo isto, Adrián, á nosa máis sinceira noraboal!
A alcaldesa
María Loureiro García